6 de xullo de 2009

AXIAZ (VENTOSA)

Luís Seco-Casares Lorenzo, natural de Axiaz, vive en Richmond (USA). Na semana pasada envioume un correo cunha foto do Farelo (tédela aquí nesta páxina, un pouco máis abaixo). Ofrecinlle como recompensa algunhas imaxes recentes de Axiaz. Pasei por alí o xoves á beira da noitiña. A tarde estaba gris e ameazaba chuvia. As panorámicas non eran doadas. No seu defecto déixolle estas dúas imaxes do centro da aldea, coa capeliña do Santo Anxo da Garda e a rúa que vai entre a casa de Galego e a de Pallares. Nada especial, iso sí recén saídas do forno. Con elas tamén lle enviamos un saúdo desde a terra que ocupa o seu pensamento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario