6 de xullo de 2009

VICISITUDES NOS PENDELLOS NOS ANOS 70

As dúas primeiras imaxes foron feitas por Manuel Ferández Buján (Magar) no ano 1973. Os retratados eramos tres amigos adolescentes, Ramiro Varela (actual alcalde), Álvaro García e eu. Era unha mañá soleada de domingo de comezos do outono. Escollemos os Pendellos como marco para retratarnos xuntos. Ninguén nolo dixera, pero malia a inmundicia, o abandono e a ruína que xa asomaba, aquel parecíanos o recanto con máis "charme" que había n'Agolada. Ignorantes estabamos de que poucos anos despois se arrombaría cunha parte importante daquel espazo entrañable. O carballo ao que estamos subidos foi tronzado e as columnas nas que nos colgamos foron levadas a saber onde.No recorte de prensa que vai a continuación (A Voz de Galicia, 12-12-79) xa se fala de responsabilidades polo acontecido en 1977. E láianse por ter perdido un anaco dun dos poucos exemplares que quedan Europa de mercado antigo.

2 comentarios:

  1. A falta do carballo é unha mágoa pero os pendellos xa se están a recuperar do espolio, e o máis importante é que a xente de Agolada xa se está a dar conta da importancia da súa historia; no 1969 e 1970 no bar La Golada de Melide escoitábase a cotío: Sugar dos Archies e tamén na Moderna de Agolada.
    http://www.youtube.com/watch?v=zTXeJwyR1Kw
    Saúdos desde o Pico Sacro.

    ResponderEliminar
  2. Joder, Busto; co noviño que me pareces cando te vexo "en directo"; e observando esa foto...haberá quen pense que sodes uns abueliños!!!

    Sigo a lembrar o entrañables que resultan esas imaxes cargadas coa tinta do tempo e que arrecenden a lembranzas case sempre cheas de ledicia...

    Unha aperta dende estoutro lado do Farelo

    ResponderEliminar