
As dúas primeiras imaxes foron feitas por Manuel Ferández Buján (Magar) no ano 1973. Os retratados eramos tres amigos adolescentes, Ramiro Varela (actual alcalde), Álvaro García e eu. Era unha mañá soleada de domingo de comezos do outono. Escollemos os Pendellos como marco para retratarnos xuntos. Ninguén nolo dixera, pero malia a inmundicia, o abandono e a ruína que xa asomaba, aquel parecíanos o recanto con máis "charme" que había n'Agolada. Ignorantes estabamos de que poucos anos despois se arrombaría cunha parte importante daquel espazo entrañable. O carballo ao que estamos subidos foi tronzado e as columnas nas que nos colgamos foron levadas a saber onde.

No recorte de prensa que vai a continuación (A Voz de Galicia, 12-12-79) xa se fala de responsabilidades polo acontecido en 1977. E láianse por ter perdido un anaco dun dos poucos exemplares que quedan Europa de mercado antigo.
A falta do carballo é unha mágoa pero os pendellos xa se están a recuperar do espolio, e o máis importante é que a xente de Agolada xa se está a dar conta da importancia da súa historia; no 1969 e 1970 no bar La Golada de Melide escoitábase a cotío: Sugar dos Archies e tamén na Moderna de Agolada.
ResponderEliminarhttp://www.youtube.com/watch?v=zTXeJwyR1Kw
Saúdos desde o Pico Sacro.
Joder, Busto; co noviño que me pareces cando te vexo "en directo"; e observando esa foto...haberá quen pense que sodes uns abueliños!!!
ResponderEliminarSigo a lembrar o entrañables que resultan esas imaxes cargadas coa tinta do tempo e que arrecenden a lembranzas case sempre cheas de ledicia...
Unha aperta dende estoutro lado do Farelo