6 de outubro de 2009

O alamBIKE APUNTA UN NOVO ÉXITO NA VI RUTA EN BTT A LALÍN

O domingo 4 de outubro, despois dunha noite de treboadas, o estadio Manuel Anxo Cortizo de Lalín madrugou para acoller unha nova e exitosa edición de ciclismo de montaña por terras do Deza. Nesta ocasión levou aos bikers polas Terras outas de Dozón que cantara o poeta Ramón Cabanillas.
A chuvia da noite anterior deixou os camiños enlamados para engadirlle máis dificultade e atractivo á ruta. Mais a chuvia respectou aos ciclistas durante catro intensas horas de percorrido, exento de lesións e incidentes de importancia. Houbo, iso si, as avarías lóxicas e algunha contusión leve e inevitable cando se xuntan trescentos corredores motivados.

Inscrición. Máquina. Preparativos.

Preliminares.
Solidariedade.
Participación.
Quentamento.
Impaciencia.
Director.

Cinta.
Saída.
Pose.
Rodaxe.
Alegría.
Vangarda.
Corredoira.
Bicioso.
Costas.
Camaradas.
Lama.
Prado.
Rego.
Parada.
Carballeira.
Natureza.
CiclistA.
Ringleira.
Equipo.
Castro-Dozón.
Avituallamento.
Para a misa.
Sorrisos.
Luxado. Estiramentos.

Repostaxe.
Orgullo.
Compañeiros.
Baixada.
Técnica.
Curva.

Velocidade.
Meta.
Mangueirazo.
Aseo persoal.
Xantar.
A tribo alamBIKE con caras de satisfacción.
Sobremesa e despedidas.
Para ver máis fotos, aquí.

1 comentario:

  1. Gústanme ben as fotos ho. Ese que está todo luxado mesmo parece un rapaz todo enfozoado na lama. E que dicir dos que sosteñen a bandeira? Semella que chegaron a Marte (polo menos!!).
    Felicitacións para o AlamBike por tanto traballo e tan ben feito.

    Apertas

    ResponderEliminar