O domingo 4 de outubro, despois dunha noite de treboadas, o estadio Manuel Anxo Cortizo de Lalín madrugou para acoller unha nova e exitosa edición de ciclismo de montaña por terras do Deza. Nesta ocasión levou aos bikers polas Terras outas de Dozón que cantara o poeta Ramón Cabanillas.
A chuvia da noite anterior deixou os camiños enlamados para engadirlle máis dificultade e atractivo á ruta. Mais a chuvia respectou aos ciclistas durante catro intensas horas de percorrido, exento de lesións e incidentes de importancia. Houbo, iso si, as avarías lóxicas e algunha contusión leve e inevitable cando se xuntan trescentos corredores motivados.

Inscrición. Máquina.
Preparativos.
Gústanme ben as fotos ho. Ese que está todo luxado mesmo parece un rapaz todo enfozoado na lama. E que dicir dos que sosteñen a bandeira? Semella que chegaron a Marte (polo menos!!).
ResponderEliminarFelicitacións para o AlamBike por tanto traballo e tan ben feito.
Apertas