26 de xaneiro de 2010

A BOA CALIGRAFÍA


Esta curtametraxe ten para os de Agolada o valor engadido de que posúe 40 segundos rodados nos Pendellos (14:15 -15:05. A historia que recolle ademais de ben contada acadou numerosos premios en diferentes festivais, entre eles o Mestre Mateo.
SINOPSE:
Rosa e Manuel forman un matrimonio de mediana idade na Galicia rural dos anos cincuenta. Tras unha viaxe de Manuel, Rosa descobre, agochada na súa chaqueta, unha carta de amor escrita con esmerada caligrafía. Para entender o contido da carta Rosa debe aprender a ler.
Director: Álex Sampayo
Intérpretes: Antonio Durán "Morris", Blanca Cendán, Xosé Manuel Olveira "Pico", Rosa Álvarez
Duración: 22:13
Ano: 2004

1 comentario:

  1. É impresionante o marco maila historia, queda claro que a ignorancia fai moito dano, os celos poden matar; pero nos pendellos tamén houbo moitas historias de amor, que foron moi bonitas, tamén houbo desconfianzas e por suposto enganos. Ogallá afloren cousas con finais máis felices.

    ResponderEliminar