Despois dun prolongado descanso motivado polas circunstancias que sempre rodean a vida, volvo a retomar con calma este periplo cibernético que me leva desde hai tres anos na procura de min mesmo navegando vieiros esquecidos da terra que me enxendrou e que me nutre con esencias de paisaxe en abandono e con felices descubertas esporádicas.
Volvo para dar noticia do blog da Coral Polifónica de Agolada, da que formei parte durante tres anos. Para dicir da súa calidade e do bo facer de Xosé Luís Factor, que a preside. Para magnificar o feito da súa existencia, nun concello tan depauperado en poboación, para resaltar o pulso e a querencia musical dos meus paisanos que se manifesta na coexistencia de varias formacións musicais: A Banda Municipal, os gaiteiros de Bico da Balouta e a Coral Polifónica, algún coro parroquial como o de Ventosa e as reminiscencias dunha rondalla nacida en Brántega...
Seica val máis unha imaxe ca mil palabras... Cantas palabras valerán estes dous vídeos con senllas interpretacións da Coral Polifónica de Agolada?
Alédame o teu retorno.
ResponderEliminarE volves, como non podía ser doutro xeito, presumindo de aqualatense. E tés razóns para elo.
Se non lembro mal, a Coral de Agolada foi dirixida en algún tempo polo Mestre Alvarellos, non si?.
Apertas
Grazas, Manolo, pola tua agarimosa referencia a Coral de Agolada. Como ben dis imos mermados en numero con respecto o ano 1993 no que eramos oitenta, pero coa mesma ilusion.
ResponderEliminarPensamos que o importante e o camiño e non chegar o destino. Nos estamos disfrutando do camiño mentras poidamos.
Unha aperta.
Pepe Factor