11 de xullo de 2010

ALDEA VERDE: EIRA DA XOANA. RAMIL (EN OBRAS)

Nos primeiros días de setembro de 2009 baixei a Ramil por ver o avance das obras na Eira da Xoana, ese proxecto ilusionante de ADEGA para conservar a memoria dos saberes tradicionais da aldea. Ter escollido Ramil para este proxecto ten moito que ver coa solidariedade e coa iniciativa dos veciños de Ramil e Basadroa e a loita común que libraron contra o encoramento do Ulla nas Torrentes, entre Frádegas e Ramil.
Vin as obras moi avanzadas (nótese a diferenza aquí) e supoño que despois de dez meses se non están rematadas, estarán a piques de facelo. Tamén é certo que nos arredores o traballo nunca se acaba. Queda a eira, o hórreo, os valados, limpar o monte con periodicidade, etc. Tentarei voltar neste verán para ver e aledarme coa resurrección deste recanto rural, que nace cunha ilusión e cun proxecto multidisciplinar e aberto ao mundo.

1 comentario:

  1. Vexo que por esa zona estánvos a recuperar bastante o patrimonio. Unha moi boa iniciativa. Pena que non se extenda a máis sitios, donde se están a perder e logo xa non haberá remedio.
    Noraboa.

    Por certo, que pasou cunha entrada "Crónica aqualatense dun mundial" que tes anunciada?

    Apertas

    ResponderEliminar