27 de xullo de 2010

A ARQUITECTURA SEN ARQUITECTOS (EXPOSICIÓN)

Hai case dez meses, na procura de fotografías dos Pendellos de Agolada, recorrín ao arquivo de D. Vicente Risco que se conserva na Fundación homónima radicada en Allariz. A xestión deu os seus froitos mercede á xentileza de D. Luís Martínez-Risco Daviña, secretario de dita Fundación. Simultánea a esa xestión foi a oferta dunha exposición coa que contan na Fundación, titulada "A Arquitectura sen Arquitectos", baseada en traballos de D. Vicente Risco.
A temática da exposición está intimamente relacionada coa Agolada: 3 dos 22 paneis que compoñen a exposición están dedicados aos Pendellos, como o mellor expoñente da arquitectura popular das feiras.
Onte deixámola instalada na Casa-Museo dos Pendellos de Agolada. Agora o Concello decidirá as datas e os horarios de apertura ao público.
Oxalá nos chovesen a miúdo regalos deste tipo. Queden expresadas as grazas de Agolada á Fundación Vicente Risco.
(A imaxe corresponde a un dos paneis da exposición nos que se ve un apunte a lapis de D. Vicente Risco no que representa unha feira tradicional).

3 comentarios:

  1. Que bonito! Case poido escoitar á xente no debuxo. Fas un gran traballo.

    ResponderEliminar
  2. Qué casualidad. He comprado dos libros sobre el tema de la estadounidense Rudolfsky Bernard. Libros de 1964. Uno de ellos con el mismo título de Arquitectura sin arquitectos. Se trata de un catálogo para una exposición en Nueva York donde, entre otros cuadros colgados de horeos. Actualmente estoy trabajando en fotografiar edificios como en el campo de los Países Bajos, realizadas por los agricultores. Entonces, la misma tema. Ton van Vliet

    ResponderEliminar
  3. O día 10 estiven na exposición, e visitando os pendellos (por primeira vez) con eles cheos de dos productos dos feirantes; fun movida pola curiosidade que tanto ler dos pendellos no teu blog me espertou, mais recoñezo que me faltou moito coñecemento para sacarlle o partido que a visita merecía.

    ResponderEliminar