Primeiro visitamos dúas mámoas no Coto Cornellal, unha delas cunha pequena cámara dolménica. E os petroglifos de Coto Cornellal I.
Inmediatamente desplazámonos ata As Namelas.
De todos os lugares visitados tomou imaxes e rexistrounos mediande un XPS para ter unha perfecta localización de cada un.
Mámoa de Namelas I
Mámoa de Namelas II
Indiqueille que eu só coñecía dúas mámoas das cinco que existen na necrópole de As Namelas e que xa andara á procura dunha terceira mámoa en dirección á Chaira do Medio. Como o mapa que manexo non é moi preciso, non conseguira localizar o xacemento megalítico. Quixo a fortuna que por indicación del fósemos explorar un curutiño aliñado coas anteriores mámoas, escondido baixo unhas matogueiras de uces. Alí estaba o pequeno dolmen de As Namelas III.
Todos estes xacementos están catalogados e son de sobra coñecidos polos arqueólogos. Pero para min cada pequena descuberta é un argumento máis para difundir e construír esta Agolada virtual e acercala aos meus lectores.
Mámoa de Namelas III
Como colofón a unha espléndida mañá de sol e arqueoloxía, leveino a ver os petroglifos do Coto da Aspra, excepcionais no sentido de que son os únicos que aparecen en terras do interior de Galicia presentando debuxos de armas (puñais, espadas e alabardas). Na costa é máis frecuente encontrar debuxados estes motivos.
E quedeille agradecido polo interese amosado polos nosos xacementos e sorprendido de que xa o ano pasado estivera visitando o dolmen dos Muíños pola súa conta.
haste sentir ben contento de que a túa divulgación sirva para achegar expertos e non tan expertos dende ben lonxe.
ResponderEliminarHola Manolo!! gustaríame saber se es o qu eu penso. Eres ou fuches mestre? Se si o fuches posiblemente me deras clase fai uns anos no Colexio de Dumbría. Un saúdo de todas todas.
ResponderEliminarAlédame ver que algún dos ex-alumnos de Dumbría deran comigo nesta páxina. Si, son eu e gardo moi boas lembranzas daquela estadía nesa vosa terra de interior e de costa ao mesmo tempo. Tamén lembro momentos de apuro co Hortensia e co Casón.
ResponderEliminarGustaríame saber quen es, xa que deches comigo.
Un saudo garimoso.
Saudos. Tiña interese en visitar estes dolmenes, máis nos enlaces de Arcis non vexo ningunha entrada de Galicia, so de Cataluña. Probei facendo busquedas por "Namelas" ou "Agolada" pero nada. Un saudo. Alex
ResponderEliminar