31 de decembro de 2010

BUFARDAS (II)

Tipoloxía das bufardas máis comúns: Esquema dunha bufarda con apertura vertical e abucinada polo interior:
(Imaxes extraídas do libro "As construcións da arquitectura popular" de Manuel Caamaño Suárez).
Abundo algo máis no tema iniciado na entrada anterior, onde apuntabamos que do termo bufarda hai tres acepcións:
Acepción 3: Ventá na parte alta dun muro para servir de ventilación de cortes, adegas, almacéns, etc. Outros nomes cos que se designan estas bufardas son os de bufarra, biolo, buela, fachinelo e fachineiro.
A continuación outras mostras das numerosas bufardas que retratei nos últimos anos:
Bufarda vertical monolítica en San Cristovo do Az (Rodeiro).
Orixinais bufardas nunha casa do Castro de Amarante (Antas de Ulla).
Bufarda na parede oeste da casa da Eira da Xoana. Ramil (Agolada).
Bufarda vertical en Artoño.

Bufarda monolítica en Artoño.
Parede curvada dunha casa de Artoño. Nun pequeno paramento aparecen tres bufardas a diferentes alturas.
Singular bufarda horizontal en Artoño.
Bufarda moi sinxela en Artoño.
Fermoso óculo-bufarda en Mácara, Ramil, Palas de Rei.
Moi preto da anterior está estoutra bufarda de Mácara, Ramil, Palas de Rei.
Acepción 1: Ventá que sobresae nun tellado...
A esta primeira acepción pode corresponder esta cheminea resolta en bufarda para a lareira da casa-fortaleza de Traspenas (Artoño).
Acepción 2: Cuarto ou vivenda situada no faiado dunha casa. Tamén se pode denominar como bufarra. Para ilustrar esta acepción tirei de Google imaxes e velaquí un exemplo:

1 comentario:

  1. Boa recopilación e magnífica exposición.
    Cando eu era neno pensaba que as bufardas as facían así de pequenas para que as vacas non poidera fuxir por elas...

    Feliz ano novo, compañeiro!

    ResponderEliminar