Casa do Trabancas. Unha casa con soleira naquela época. Bar, restaurante e distribuidora de viños. Xente campechana (en palabras do propio Jesús Faílde). Ramiro e Avelina, continuadores daquela estratéxica taberna de camiños e feiras iniciada pola señora Ramona de Trabancas.
En Agolada había un dito simpático que aludía a Urbano, propietario da droguería. Dicía que Urbano tiña dúas "rubias": unha, a súa dona, Pepita de Fraga (de cabelo louro) e outra, o coche-furgoneta da imaxe, que naquela época recibían tal denominación. Á vista do vehículo é difícil imaxinar que nel puidesen viaxar unha vintena de pasaxeiros, que é o que me contaron que fixo en múltiples ocasións.
"Tiña unha carrocería moi peculiar e era usado como taxi. Permitiunos desprazarnos a festas e lugares onde non ían os autocares de Meixide" (Jesús Faílde).
O coche foi escollido como decorado de fondo para retratarse varios mozos veciños de Agolada e Bidueiros: Emilio Vilariño Soengas (Emilio do Cureixas), Avelina García, Chichita do Ricardo, Jesús Sarandeses López (Suso de Antonio), de pé; Santos Vilar e Suso Meixide, anicados.
Agolada. Rúa principal de Agolada coa “Casa do Pancho” onde estaba Moblería C. Lorenzo. A continuación o Café de Aurelio, sempre concorrido porque paraban alí los coches de liña.
(Das pesoas só identifico a Pepe do Víctor e a Lola de Ouro de Couso de Arriba).
De paseo por Agolada. Humberto de Friufe (á esquerda) e dous irmáns de Jesús Faílde.
Un domingo en Agolada. Á esquerda aparece Jesús Faílde entre dous dos seus irmáns. O frade é seu irmán Guillermo, que anos máis tarde sería superior da Casa de San Rafael, que os Irmáns de S. Xoán de Deus teñen en Coia (Vigo). Nesa Casa promovería os modernos talleres ocupacionais para discapacitados que alí acollían. Á dereita, outros dous mozos veciños de Friufe, entre os que identifico a Humberto (o segundo pola dereita).
Esta foto tamén permite lembrar a fisionomía orixinal da Rúa Maior cos seus pendellos e casas.
Creo que non é Ramiro senon Suso
ResponderEliminar¡¡¡DIOSSS!!! Gonzalo, que ilusion me fai ver a foto de teus pais...
ResponderEliminarUn abrazo forte con moito cariño.
Fidel.
Gracias Manolo por o teu impagable traballo,e a Jeús Failde por facilitarche esas fermosas fotos porque así podemos velas todos.Gracias agora pola parte que me toca coa foto de Ramiro e Avelina si ben xa a coñecía.
ResponderEliminarO arquivo de Jesús Failde é ouro molido: pola súa técnica,o acerto no encuadre,a nitidez conseguida...ten talento e moito mérito porque seguro que o fixo de modo case que autodidacta e con unha cámara de recursos limitados.
Sería interesante,apunto como idea posible,facer unha exposición con fotos de Jesús na casa de exposicions dos pendellos.
Tamén e interesante ver como nun tempo de escasez a xente vestía con gran decoro.Por certo :Laura está moi guapa.
Unha forte aperta a todos os que temos apego e orgullo por Agolada.
Gonzalo Trabancas
Pois sí que deches cunha boa mina de anacos de historia de Agolada.
ResponderEliminarApertas
Duas cousas vexo nas fotos é que facía moitos anos que non as via, as velas colgadas diante do almanaque é o alumbrado publico da Golada...
ResponderEliminarFidel.
Sen dúbida unhas instantáneas que falan de vida cotiá, de lembranzas e sobre todo teñen gran valor artístico e histórico. Parabéns polo traballo de investigación e de difusión.
ResponderEliminar