8 de decembro de 2010

A VIDA RENACE DAS CINZAS

Nos comezos do outono, as primeiras chuvias e as temperaturas mornas do serán obran o milagre do renacemento da vida no solo calcinado. Flores de fermosura humilde tapizan timidamente a mourenza da borralla. Un himno vexetal de pétalos multicolores elévase, érguese como esperanza para o bosque asasinado.
Mentres hai esperanza, hai vida, reza o vello dito. A natureza, sempre magnánima e pródiga, rebélase contra a maldade e a destrución. A vexetación rexurde polas regañas da terra requeimada. Hai esperanza! Hai terra! Hai vida!.... Mais, ata cando?
POST DATA: A raíz do comentario de Zeltia nesta entrada lembrei unha canción tradicional francesa que fala dos tollemerendas ou cólquicos (colchiques, en francés). Aproveito para colgar aquí o vídeo e a canción:
Colchiques dans les prés (Tollemerendas nos prados )
fleurissent, fleurissent, (florecen, florecen, )
Colchiques dans les prés : (tollemerendas nos prados: )
c'est la fin de l'été. ( é a fin do verán).
Refrain :

La feuille d'automne,
emportée par le vent,
En ronde monotone
tombe en tourbillonnant.
Châtaignes dans les bois
se fendent, se fendent,
Châtaignes dans les bois
se fendent sous les pas.
au refrain
Nuages dans le ciel
s'étirent, s'étirent,
Nuages dans le ciel
s'étirent commme une aile.
au refrain
Et ce chant dans mon coeur
murmure, murmure,
Et ce chant dans mon coeur
appelle le bonheur.
au refrain

5 comentarios:

  1. Mentres haxa esperanza habrá vida. A natureza é esa fonte de vida, ela é sabia. Debemos coidala e mimala para que haxa futuro. E increíble ver como nos bosques queimados, xurde a vida novamente, como un milagre, como ese pequeno alento de esperanza.
    Felicítote por esas imaxes que se desprenden das tuas verbas: Himno vexetal de pétalos multicolores , e flores de fermosura humilde tapizan tímidamente a mourenza...

    Moitas grazas e un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. ata sempre, ata sempre.
    polo menos polo que nós entendemos "vida", porque a nosa "vida", vai irremediablemente ligada á vida do planeta grazas a quen existimos.
    pero iso non parece que o saibamos, ¿non si?

    ResponderEliminar
  3. Por certo, como lle chamades nagolada ás floriñas aquelas da primeira foto?

    ResponderEliminar
  4. Estimada Zeltia, sempre tan atenta. Chamámoslle azafrán silvestre ou tollemerendas. Tamén se denomina cólquico, pero este nome aquí non se usa. E o seu nome científico é o de "colchicum autumnale".
    Á flor da segunda imaxe non lle sei o nome.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  5. que gracioso o nome de tollemerendas, agora que o dis, vai ser que xa o escoitara, pero teño unha memoria que estreno cada pouco :)
    moitas grazas tamén por engadir ese vídeo con esa cancionciña tan deliciosa, foi un momentiño que esquecín todo.

    ResponderEliminar