23 de decembro de 2010

ESPOLIO DUNHA PEDRA CON HISTORIA

Hai xa algúns anos deixei un apunte neste blog sobre esta curiosidade arqueolóxica que leva decenas de anos baixo a balconada dunha casa de Aián. O guerreiro de Tralalaxe. Con ese nome o coñecemos. Pois, desde hai varios días xa non está no seu sitio. Desgraciadamente.
Espolio. Pódese chamar así. Que eu saiba ninguén ditou protección para esta pedra. Nin sequera sei se figura nalgún catálogo. Si sei que chamou a atención de varios estudosos. E que leva aí máis de 60 anos, desde o momento que o Mingos construíra a casa. El foi quen arrincou a pedra do monte de Tralalaxe, onde fora esculpida. Segundo Xosé Filgueira Valverde podería tratarse dun ensaio de lauda sepulcral datada na baixa Idade Media.Todos estabamos confiados en que no novo lugar, baixo o canzorro do corredor da casa do Mingos, en Aián (As Trabancas), non corría ningún perigo. A casa leva unha vintena de anos abandonada. Foi vendida recentemente a un especulador de casas aldeás. Hai poucos días, sen avisos, a pedra foi arrincada aleivosamente (seica son os donos, os novos propietarios) e levárona para sabe onde. Esa é a diferenza que marca o que é patrimonio do pobo e o que non. A min quédanme serias dúbidas sobre o patrimonio desta lauda (O Guerreiro de Tralalaxe). En calquera caso, o dano xa está feito. Que facer agora?
O domingo pasado Luis Fernando Pérez alertábame do feito. Hoxe estiven alí e co móbil obtiven estas imaxes que certifican o espolio.
Quizais a lección que nos queda por aprender sexa a de procurar a protección e catalogación de todos aqueles elementos que xulguemos merecentes de atención antes de que nolos estraguen

9 comentarios:

  1. Arríncannos unha peza da nosa historia, e dóenos. Entre todos temos que concienciarnos de que o Patrimonío é un ben común para rexeitar socialmente estas prácticas canallescas. O voso traballo, coma sempre, excelente.
    Unha aperta e Bo Nadal.

    ResponderEliminar
  2. Unha magnífica alerta para quen lle competa tomar nota desta denuncia. Eu non sei moi ben o porqué, pero a todas as Administracións parece como se lles doese ter que protexer o Patrimonio.
    E xa que non o fai a Administración, a todos nos compete esa tarefa. Á vista está.

    Apertas de Nadal

    ResponderEliminar
  3. O problema é moi complexo porque a Administración non fai nada de por si. Hai que denunciar o feito no Concello de Agolada e en Patrimonio.
    Por certo: ¿no PXOM de Agolada recóllese a súa existencia?
    Se foron os propietarios os que a levaron de ali non se trata dun roubo, por eso o tema é complexo.

    ResponderEliminar
  4. O ser un tema do patrimonio de todos, debe ser o Concello quen en nome de todos se preocupe deste asunto e procure que esta imaxe sexa unha peza a recuperar e poñela preto ou nos pendellos, pero xa.
    Desde o Pico Sacro.

    ResponderEliminar
  5. Pódese facer a denuncia en Patrimonio:
    http://www.patrimonio.org/servizos/e_teu.php?lg=gal

    ResponderEliminar
  6. Temos que tomar cartas no asunto...¿quen se fai cargo de poñer a denuncia?

    Saludos.
    Fidel.

    ResponderEliminar
  7. Boeno eu xa formalicei unha denuncia na web: www.patrimonio.org. Coma todo cantas máis mellor, xa se sabe unha palla non fai palleiro.... Unha aperta a tod@s e Feliz Aninovo

    ResponderEliminar
  8. Segundo puiden ler nun artigo publicado en Lalín no ano 1956, parece ser que no cemiterio de Ventosa se atopa outra lauda sepulcral semellante a feita nunha canteira do Farelo (despois levada para unha casa de Aián)
    Pode alguen informar disto
    Grazas

    ResponderEliminar
  9. Xa sei que ando con moito retraso pero acabo de enterarme da desaparición do guerreiro de Aian. Estaba mirando o blog de Utrera e vin a súa entrada. Viñen ó teu porque parecíame raro que ti non tiveses nada sobre o tema.
    ¡¿Así que foron os donos?!, Angel non di quen foi.

    É incomprensible que isto poida pasar e que a pedra non estivese catalogada. De feito paréceme ben raro porque eu mesma levei alí a varios arqueólogos, o último fai uns catro anos e, asegúroche que non estaría catalogada pero na Universidade de Santiago sabían dela.

    Levan pirateando o noso patrimonio tantos anos...
    ¿Como é posible que siga pasando?????

    A verdade estas cousas anóxanme e o sangue férveme


    grrrrrrrrrrr...

    ResponderEliminar