O 21 de maio,
a asociación cultural Monte da Estrela de Arteixo (A Coruña) visitou o concello de Agolada, nunha ruta que se inscribe no seu ciclo de actividades e saídas por diferentes lugares de interese de Galicia.
Carmoega coas súas sobreiras e o andar pousado do Arnego foron escenario para unha camiñada matutina que estimulase os sentidos.
Coñeceron tamén o impresionante foxo do castro da Devesa (Carmoega).
En Eidián souberon do antigo cantón realista, hoxe pazo de turismo rural.
Xantar campestre na Eira da Xoana de Ramil.
O Ulla cos seus torrentes, sempre espectaculares.
E os Pendellos...
Verónica Blanco Magariños, presidenta de Monte da Estrela, e o seu pai José Blanco foron o nexo fundamental que achegaron Agolada a Arteixo nesa andadura sempre gratificante de descubrir os valores patrimoniais e paisaxísticos que aniñan nos múltiples recantos da xeografía esquecida que agarda.
A segunda foto fíxome lembrar aquela magnífica xornada que foi a Xuntanza de Blogueir@s en Agolada. Xuraría que precisamente ó pe desa mesma sobreira fixemos unha foto do grupo. Vaise facer famosa (a sobreira).
ResponderEliminarApertas de Antas
Foi unha xornada magnífica, estaremos sempre en débeda con Manuel Busto Galego, por compartir con nos a súa terra que tan ben sabe difundir e respetar, a través do seu coñecemento. Grazas!!!
ResponderEliminar