27 de maio de 2011

FACHADAS CALEADAS. TRADICIÓN DE VELLO

A Compostela antiga é un himno de pedra, unha sinfonía de cantería feita historia. Neste contexto, devolverlle o aspecto primixenio á facultade de Filosofía, ocultando a cachotería pétrea tras un recebo de morteiro de cal, devén en xusta restauración dun xeito tradicional de construción, que engrandece os edificios a base de contrastes e rompe a monotonía dun único material como elemento construtivo.

2 comentarios: