17 de maio de 2011

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2011


Autor da imaxe: Pablo Gallo

Debo confesar que só coñecía o nome de Lois Pereiro, pero non a súa poesía. Aínda o estou descubrindo e gozo dos seus profundos versos serenos. Eis unha poderosa razón para seguirmos a potenciar o Día das Letras Galegas: rescatarmos do esquecemento ou divulgar tesouros arrecantados da nosa literatura.



Somentes

intentaba conseguir

deixar na terra

algo de min que me sobrevivise

sabendo que deberia ter sabido.

2 comentarios:

  1. Estou plenamente contigo na reflexión, amigo Manuel. Un brinde pola Lingua (hoxe e calquera outro día tamén).
    Apertas

    ResponderEliminar
  2. Eu tamén o descoñecía a El e a súa obra, onte tratei de coñecer o porque? morrera tan novo, e tratarei de ler algo da súa poesía; o SIDA e o aceite de colza foron como dúas lanzas que esnaquizaron o seu corazón o seu cerebro e logo a súa vida. Foi un revolucionario elegante amaba Monforte, gustáballe a Terra Cha, pero vivía preto do ceo na Coruña. Ben preto de El, eu comía e paseaba todos os días cando se propagou a colza desde Torrejón de Ardoz, tiven a sorte de non tomar ese maldito aceite, e as drogas tamén me querían bicar, pero a miña sorte foi mellor.
    Desde o Pico Sacro.

    ResponderEliminar