Cando Ton estivo en Agolada existía a fotografía en color, pero el quixo retratarnos en branco e negro, tamén na verbena, e levarnos ata as retinas dos holandeses para sorprendelos cos nosos costumes ancorados na tradición. Quixo levar a xente do común, nos seus momentos vitais: a festa, o traballo, a relixiosidade, o costumismo... Ton foi esencialmente un notario que acreditou a nosa maneira de vivir, unha testemuña allea que nos miraba con curiosidade e interese. Moitos foron os nosos estilos de vida que alertaron a súa mirada privilexiada. E hoxe agradecemos estas imaxes coma un tesouro que nos lembra aquel pasado da época dourada de Agolada.
Creo que foi no San Cristovo de Borraxeiros onde tomou as imaxes que aquí figuran. Agora, 35 anos despois, ficamos estantíos ante o paso do tempo. Vémonos e recoñecémonos, pero hai algo que dificilmente volverá: aquelas multitudes que se congregaban nas múltiples verbenas das parroquias. A xente é a vida. Por iso non é arriscado afirmar que daquela o noso concello estaba VIVO. Alguén se atrevería a afirmar actualmente o mesmo? Sirva de consolo que este é o maior problema que sofre todo o rural galego, especialmente o da Galicia interior. Pero pobre consolo.
Luís García e Julia Abeledo
José Antonio Abeledo (Jhony)
José Antonio Fernández Sucasas, Mary Carmen Vázquez e Eva Vázquez
Ningún comentario:
Publicar un comentario