Os labregos mereceron unha especial atención e respecto por parte de Ton van Vliet. As súas fotografías preséntannos as mulleres e homes do agro como auténticos heroes abnegados, orgullosos e felices. O descoñecemento do idioma, a pel clara e o cabelo louro de Ton non foron obstáculo para inspirar confianza entre as xentes campesiñas. Poucos amosaron receo ante a súa cámara.
Nesta imaxe de 1980 percibimos a María de Seixas, coas súas reservas, e a Pepe de Celia, orgulloso e decidido a saír ben na foto. Isto aconteceu nun receso do labor de revirar a herba seca en Santa Mariña (Antas de Ulla).
O arquivo fotográfico de Ton é un agasallo que agradecemos enormemente e que constitúe agora unha merecida homenaxe aos ancestros que nos trouxeron ata aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario