12 de xuño de 2020
AGOLADA E OS SEUS PENDELLOS DA FEIRA. ALGUNHAS REFLEXIÓNS.
- Agolada ten nos Pendellos o seu mellor referente.
- A declaración BIC do recinto (desde 1985 Conxunto Histórico-Artístico) non é un asunto banal.
- Galicia posúe outros recintos de pendellos de feira. Ningún da extensión do de Agolada, nin posuidor de tanta diversidade de construcións. Faise imperativo enarborar este recinto como símbolo das feiras de antano, museo vivo dun mercado antigo.
- En Agolada debería incentivarse a conservación e recuperación de calquera pendello de feira, mesmo os que están fóra da zona de protección.
- Entre as medidas que se poden barallar para a revitalización social e económica de Agolada, a dinamización dos Pendellos debe ocupar un lugar destacado.
- A restauración dos Pendellos é unha tarefa inacabada.
- A recuperación do Paseo da Parranda cos seus pendellos expositores é unha demanda permanente que repararía o tremendo erro da súa destrución en 1979, ademais de ganar presenza, aproveitamento comercial para as compra-vendas e cohesionaría o recinto, agora fendido por unha rúa esaxeradamente ancha para o que se estilaba nestes espazos.
- A posta en funcionamento dun mesón-restaurante nos pendellos comedor xa non admite máis demoras. Só cómpre vontade das autoridades pertinentes e un poquiño de imaxinación e traballo.
- Encher os Pendellos de vida (actividade) debería ser un obxectivo prioritario (mesón, tendas, artesáns, asociacións, museo, albergue-pousada, feiras monográficas e diversas, eventos culturais...).
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario