Recreación do desaparecido Café Negro de Agolada. Reconstrución feita con debuxo dixital. |
Agolada naceu e medrou nunha antiga e importante encrucillada. Por aquí pasaron e seguen a pasar vías que vertebran a Galicia central. Desde o século XVI asentáronse á beira destes camiños tabernas e cantinas que atenderon a transeúntes e cabaleiros. Así durante centurias.
(Na imaxe da dereita podemos ver o frontal pétreo que fora encargado e deseñado polo insigne matemático e astrónomo de Lalín, D. Ramón María Aller).
O edificio na actualidade. |
Mais cando alborexou o século XX, Agolada aínda era unha aldea, cun reducido servizo hostaleiro. A apertura da estrada de Lalín ao Marco, en 1920, foi o gran detonante que invitou a transformar aquela aldea nunha pequena vila. A estrada converteuse na rúa principal e os máis emprendedores quixeron asentarse a carón desta vía.
O edificio a principios dos anos 70, dedicado a almacén. |
Ademais dos servizos de bar, o local contaba tamén cunha mesa de billar de carambolas e un escenario que acollía músicos e actuacións circenses varias. Igualmente, na planta superior, contaba tamén con aloxamento para hóspedes. Entre estes hóspedes citáronme ao mestre e alcalde D. Matías Fernández, a mestra Sarita Méndez, da casa de Asorei de Quintela, que despois casaría co insigne músico Luís Araque. Tamén viviron aquí nos primeiros anos de casados Manuel Galego Iglesias e Ester Vázquez, etc.
Na parte traseira da casa, na estrada de Melide, Benito Negro montou tamén un aserradoiro e unha moblaría, en sociedade co seu cuñado Manuel Cumplido. O aserradoiro funcionaba cun motor de gasolina, pois electricidade non había.
Esta imaxe foi tomada a principios dos anos 60 na Casa Lousa. Nela aparecen Manuel Fernández, "Lousa" e á dereita, Benito Negro, quen fundara e rexentara o Café Negro de Agolada. |
Interior do Café Negro a finais dos anos 50. De esquerda a dereita: Manuel Lamazares, Manuel Galego, Marité Negro e Javier Paredes. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario