Grupo de veciñas de Agolada diante do locutorio de teléfonos. O banco do interior estaba destinado aos que esperaban turno para falar ou aos que agradaban a resposta dunha conferencia. |
![]() |
Noticia da solicitude que fai o Concello de Agolada no ano 1895 |
O teléfono, desde que Alexander Garaham Bell o patentara, era un soño acariciado por moitas poboacións. Agolada solicitou a súa primeira liña de teléfono no ano 1895. Aquel soño e aquela solicitude só se farían realidade no ano 1961.
![]() |
El Pueblo Gallego, 29 de abril de 1961 |
As centraliñas tiñan que ser atendidas por unha persoa, que era a que realizaba as coñexións oportunas entre emisor e receptor da chamada. Entre os da propia vila o asunto era fácil de resolver, cun simple intercambio de clavixas. Pero, cando se trataba dunha chamada a distancia a cousa xa se complicaba e alongábase no tempo. A espera podía superar, algunhas veces, unha hora. Tales chamadas denominábanse conferencias.
- Señorita, quero poñer unha conferencia a Bilbao.
- A que número?
- Ao número 895
- Quede onda o teléfono e a ver se antes dun cuarto de hora consigo a comunicación.
- Grazas, xa espero.
A automatización do teléfono con marcación de roda tardaría 13 anos máis. Daquela os teléfonos tiñan seis cifras, se se chamaba dentro da propia provincia. Se a chamada se realizaba a outra provincia, entón había que marcar os tres números do prefixo provincial, co cal xa chegamos aos nove guarismos actuais.
Actualmente, coa popularización da telefonía móbil, as historias dos teléfonos dunha ou de dúas cifras, resúltanlles incomprensibles e arcaicas ás novas xeracións. Pero, non debería estar de máis saber como foron os inicios da tele-fonía (a distancia-voz).
![]() |
Setembro de 1974 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario