12 de xullo de 2024
DEDICATORIA ACRÓSTICA
Xuntos desde A TERRA DO MEDIO,
Onde O ESPERTAR TAMÉN É NOSO,
Soñamos o Farelo NA VERTICAL DA NOITE,
Ensumidos nun periplo fraterno DE IDA E VOLTA.
Viaxamos Á FRAGA ENCANTADA,
Á SOMBRA DA MEMORIA, mentres
Zarzallaba NO CORAZÓN MANCADO,
Queixoso nos BANZADOS tristes dos recordos,
Utópico na ROTACIÓN VIOLETA das arelas,
Enérxico decote, porque A TRIBO SABE
Zafar sempre no proceloso MAR DE BRONCE.
Pendellos nas GÁNDARAS da feira,
Irtos e orgullosos como TERRA E PAN dos ancestros,
NA MEMORIA DO BOI, orgullo da casa,
Tecemos e argallamos moitas MÁIS VIDAS,
OS VELLOS OFICIOS da SEARA,
Rafa e codia NOS ESPAZOS DO SOÑO.
(Para ti, mestre, compañeiro, na lembranza do que nunca deixamos de ser e de sentir e na común devoción pola gándara cernal, corredor de ventos, limpeiro de atmosferas).
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario