Da antiga igrexa trasladáronse as campás e a placa de mármore que lembra aos caídos na Guerra Civil. Unha campá está albergada nun casetón que coroa o vértice do tellado con estrutura metálica piramidal.
A segunda campá foi instalada nun soporte metálico sobre a porta do cemiterio, moi próximo a actual igrexa.
Erixida con manpostería de esquistos, recebada por ambas caras, presenta o recerco dos ocos en esmerados bloques labrados na difícil pedra pizarrenta.
A min paréceme un templo suficiente para atender á cada vez máis diminuída poboación e que goza de maior mérito arquitectónico có que se ten por parroquial. Iso si, precisa dunha pequena reforma que o rescate do abandono que xa empeza a prender nalgúns elementos.
A pesar da pobreza que se aprecia na Capela dá Cruz, dime moito máis que o ladrillo cara vista de Fenosa. Nos adros das nosas igrexas escribiuse moita da nosa historia...e moitos primeiros bicos o día da festa.
ResponderEliminarUns levan a fama e outros levan a auga...
ResponderEliminarResulta evidente concordar contigo na mellor elección da Capela como templo principal.
ResponderEliminar(Non lembro o procedemento para "ascender" de Capela a Igrexa; pero co beneplácito dos veciños seguro que todo iría sobre rodas)
Unha aperta
Si nos para chegar ao poboado tivemos que pasar ao lado de esta igrexa. Non entrei pero... Bicos
ResponderEliminar